Carballo e a ADC Volei Praia Costa da Morte asinan un convenio para fomentar o deporte

0 minutes read
  • As Escolas deportivas de volei praia desenvolveranse do 15 de xuño ao 15 de setembro na praia de Razo

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente da Asociación Deportiva e Cultural Volei Praia Costa da Morte, Rosalino Mariño, veñen de asinar un novo convenio de colaboración para o desenvolvemento das Escolas deportivas de voleipraia, que se desenvolverán do 15 de xuño ao 15 de setembro na praia de Razo de xeito gratuíto e para participantes de todas as idades.

O Concello de Carballo achega unha subvención de 4.500 euros.