A Concellaría de Innovación, Formación e Emprego porá en marcha este mes un programa de formación específico para a hostalaría coa intención de que poida afrontar nas mellores condicións os retos que ten por diante o sector. Con esa intención contaremos con tres grandes profesionais como Miguel Silvarredonda, colaborador en departamento de I+D en empresas alimentarias e docente de cociña; Alberto Falcón, experto en marketing, comunicación e formación, e Javi Mos, profesional cunha longa traxectoria en comunicación e marketing. O programa formativo será os días 21, 22, 28, 29 de novembro e 12 de decembro.
Todas as accións formativas impartiranse nas instalacións do Fórum Carballo, de 17.00 a 19.00 horas. A participación é gratuíta, e os/as profesionais do sector da hostalaría interesados/as en participar poden inscribirse a través do formulario electrónico que atoparedes en www.carballo.gal. Para información adicional e tamén para inscricións está dispoñible ademais o correo electrónico academiadeturismo@sihaho.com.
