Carballo | Ferida unha persoa nun accidente na rúa Compostela

1 minutes read

Unha muller necesitou asistencia sanitaria ao resultar ferida nun accidente de tráfico ocorrido ás catro da tarde deste domingo á altura do número 19 da carballesa rúa Compostela. O sinistro produciuse cando un vehículo Citroën chocou de forma violenta contra outro turismo que se atopaba na marxe dereita do seu sentido da marcha. A partir dese momento un particular contactou co 112 Emerxencias Galicia para solicitar axuda para unha persoa ferida. Ao lugar mobilizouse unha Ambulancia do 061 e unha patrulla móbil da Policía Local. O carril de entrada sentido Carballo estivo cortado durante varios minutos, ocupado por un dos coches sinistrados. Investíganse agora as causas que puideron provocar este accidente.