37
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación das obras de aglomerado da vía que comunica As Labradas coa Ponte de Bértoa, un traxecto de case dous quilómetros moi utilizado como alternativa ao centro urbano para desprazarse entre a estrada de Ordes e a da Coruña. A actuación, que sairá a licitación en breve, ten un orzamento de algo máis de 142.000 euros.
O Concello de Carballo continúa deste xeito co plan de aglomerado de vías que estruturan o territorio porque unen núcleos importantes e/ou teñen unha intensidade de tráfico importante. É o caso tamén da estrada que enlaza As Torres de Oza con Cances Grande, que está nestes momentos en licitación.