Carballo | Iniciado o procedemento de contratación do abastecemento de auga a Entrecruces

1 minutes read

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación das obras da rede de abastecemento de auga dende Canosa (Rus) ata Entrecruces, que serán financiadas con 632.306,75 euros do POS+2023. Con este novo proxecto, o Concello de Carballo seguirá avanzando na extensión do ciclo da auga polo territorio municipal. Precisamente están tamén a piques de comezar as obras da rede de abastecemento á zona baixa de Sofán e Verdillo. No POS+2023 tamén están incluídas as obras de aglomerado das estradas de Arnados (Razo) a Sambade (Rebordelos), e de Pereiro Vello ata Outón (Rus); a rede de abastecemento aos núcleos do Espiño, Ramil, O Piñeiro e Goiáns de Arriba, e a rede de pluviais en varias rúas do parque empresarial de Bértoa.