Carballo | TeGa pide a redacción dun ambicioso plan especial de uso deportivo na zona da Lagoa

3 minutes read

O Voceiro do Grupo Municipal de Terra Galega no Concello de Carballo, Andrés Eirís Barca, vén de presentrar unha moción para solicitar ao Pleno a redacción dun plan especial de infraestruturas e dotacións en chan rústico para uso deportivo e cultural na zona da Lagoa. Segundo Eirís, «xa é hora de facer algo a medio largo-plazo para cubrir as carencias en materia de instalacións deportivas que leva sen solucionar o grupo de goberno deste que decide neste concello. É dar os primeiros pasos para apostar en serio polo deporte e non estar continuamente parcheando e só gastar cartos en actividade deportiva puntual e xeral que principalmente supón pan para hoxe e fame para mañán», conclúe.

Exposición de TeGa:

Na actualidade Carballo ten carencias moi grandes en canto as instalacións deportivas municipais, os complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero non están adaptados ao que a poboación demanda e as actuacións levadas a cabo polo Bng nos últimos anos non mitigaron para nada as limitacións de ambos equipamentos, os campos de fútbol das Eiroas teñen unha mala ubicación que limita moito a consecución dos obxectivos para o cal se executaron, onde outra vez, o grupo de goberno, nunha instalación herdada, non só non foi capaz de dar solución ao problema se non que dilapidou unha morea de cartos que pouco contribuiu a aumentar a práctica deportiva.
A ciudadanía de Carballo demanda unha área coa suficiente oferta deportiva para o esparcimento e formación da súa infancia e xuventude, o mantemento e relaxación de súa poboación en xeral e a mellora da actividade física para nosos maiores.
Todo elo sen ter que desplazarse ata o Polígono Industrial de Bértoa e a cinco minutos a pé desde o centro urbano. Un factor positivo para que a ciudadanía faga deporte e vivir cerca dunha instalación deportiva.
De esta maneira sí se mellora a movilidade verde no casco urbano potenciando os desplazamentos a pé, en bici e outros alternativos, ubicando ao este do núcleo da vila de Carballo casi 70 hectáreas de equipamento que serían unha referencia a nivel comarcal onde tiveran cabida máis disciplinas deportivas, sendo Carballo un dos concellos de Galicia que ten menos variedade deportiva, con todo o que iso conleva.
Propoñemos a delimitación dun ámbito de superficie aproximada de 108.600m2 para a ordenación dunha amplia área de dotacións deportivas e socioculturais colindante polo este co casco urbano de Carballo para dar os primeiros pasos dunha futura cidade deportiva
O ámbito que presentamos é colindante co ámbito do PE-3 – RÍO ANLLÓNS, definido no vixente PXOM, e que pretende a protección, conservación e posta en valor do medio natural na ribeira do río Anllóns.


En virtude do anteriormente exposto, o Grupo Municipal de Terra Galega, solicita ao pleno a adopción do seguinte ACORDO:
1- Redactar un Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións en chan rústico para o uso deportivo e cultural que abarcará desde un novo estadio de fútbol e atletismo, pistas polideportivas para baloncesto, balonmán, futbol-sala, volei, pistas de tenis, piscinas descubertas, zona de calistenia, parque biosaludable, polideportivo cuberto con salas para actvs dirixidas e un edificio multiusos como equipamento socio-cultural.