Carballo | O barrio da Milagrosa recupera a antiga escola de Arrabaldes

1 minutes read
  • O Concello destinou 150.000 euros ás obras de renovación

A antiga escola de Arrabaldes, situada no barrio da Milagrosa, é na actualidade un centro social renovado tras as obras de recuperación realizadas polo Concello e valoradas en 150.000 euros.

O arquitecto carballés Javier Caamaño Puñal foi o encargado de diseñar a nova imaxe da escola inaugurada hai 92 anos. A estrutura conserva os elementos arquitectónicos e estéticos máis representativos do proxecto orixinal de Eduardo Rodríguez Losada.

Este venres Caamaño Puñal visitou o remate das obras acompañado dun representante da empresa construtora Covisam Norte; o concelleiro de Deporte e Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero.

O edificio ten unha superficie edificada de algo máis de 110 metros cadrados, que se distribúen entre unha ampla sala de uso social de case 70 metros, aseo e almacén.

Interior da escola de Arrabaldes_Concello de Carballo