Carballo presume de «Praias Top»

0 minutes read

Coa izada das tres bandeiras azuis en Pedra do Sal, As Saíñas e Razo, Carballo pode presumir e presume de «Praias Top». O alcalde Evencio Ferrero comezou este sábado en Razo a izada das tres bandeiras. Tamén estiveron presentes o xefe de Protección Civil, Javier Souto e o concelleiro de Medio Ambiente e Praias, Miguel Ángel Vales.

Izada da bandeira azul na praia de Razo.