Carballo | Recuparado en Ardaña un turismo subtraído en Culleredo

0 minutes read

Este domingo foi recuperado nun monte próximo ao lugar de Noví, na parroquia carballesa de Ardaña un turismo subtraído o pasado 19 de decembro no lugar de Vilaboa, concello de Culleredo. Un cazador que se botou ao monte á primeira hora da mañá, atopouse co turismo, da marca Seat, nunha leira de difícil acceso e deu a voz de alarma.