Este domingo volven as feiras ao barrio da Milagrosa, recuperando deste xeito un mercado tradicional e favorecendo o regreso á actividade dos vendedores ambulantes. Pero distribuír 150 postos coas medidas de distanciamento precisas non é doado, e por iso desde o Concello optaron por estender a feira cara o San Martiño, propiciando unha zona de paseo que xa é utilizada de maneira habitual nos desprazamentos entre os mercados do Campo da Feira e da Praza do Concello, tal e como figura marcado no plano adxunto.
Na Praza do Concello tamén se manterá a distribución das últimas semanas, dende que se recuperaron os mercados dos xoves e as feiras dominicais de produtos de alimentación, horta e flores. En calquera caso, tanto nunha feira coma na outra, será preciso que vendedores e compradores respecten as medidas de seguridade e hixiene, utilizando mascarillas, realizando unha hixiene axeitada de mans, evitando tocar os produtos e respectando as distancias.
Este xoves 25, malia ser festivo local, celebrarase o mercado na Praza do Concello e o Mercado Municipal estará aberto de 08:30 a 14:00 horas. O venres funcionará no horario habitual de mañá e tarde, e tanto o sábado coma o domingo de feira estará aberto pola mañá.
