Carballo reforza o Mercado Municipal con medidas contra o coronavirus

1 minutes read
  • A Concellaría de Feiras e Mercados aproveitou a fin de semana para pintar marcas que garanten a separación entre os postos e a clientela

O Mercado Municipal de Carballo abriu as súas portas estes días con marcas no chan que establecen a distancia mínima de seguridade con motivo do coronavirus. Así, a Concellería de Feiras e Mercados estableceu un perímetro de seguridade en cada posto.

Esta nova acción súmase ás diferentes medidas de prevención contra o coronavirus no recinto como a instalación de carteis informativos, as desinfeccións en días alternos ou a limpeza diaria exhaustiva de cada un dos postos e dos espazos comúns.

Desde o Concello pregan á cidadanía que adopte as medidas pertinentes, sobre todo no que respecta á distancia de seguridade e á prohibición de tocar os alimentos.

O Mercado Municipal de Carballo está aberto nesta Fase 1 do plan de desescalada en horario de 08:00 a 15:00 de luns a sábado e tamén os domingos de feira.