Carballo | TeGa quéixase da «denegación» da alcaldía a mostrarlle dous expedientes

1 minutes read

O portavoz de TeGa no Concello de Carballo, Andrés Eirís, emitiu un comunicado no que se queixa da denegación por parte do alcalde carballés a ter acceso a ver dous expedientes, un disciplinario aberto a dous policías locais e outro sanciaonador aberto ao 8 Bar da rúa Coruña. Segundo Eirís a seguinte resposta ofrecida pola alcaldía non lle convence:

«Enténdese que dada a natureza deses expedientes (disciplinario e sancionador) non procede dar acceso aos mesmos en tanto estes non sexan resoltos definitivamente; xa que logo os mesmos conteñen información moi persoal cuxa preservación na fase de instrucción é fácilmente comprensible, e non só pola protección de datos de carácter persoal. O acceso aos mesmos nesta fase do expediente excedería do dereito dos corporativos ao coñecemento dos expedientes na súa labor do control da actividade de goberno municipal.»

TeGa non esta conforme con esta xustificación da alcaldía, e afirma que «según o artigo 77 da LBRL os membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do alcalde, cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función». A regulación legal ven contemplada nos artigos 14,15 e 16 do Real Decreto 2568/86 do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de Organización e Funcionamento e Réxime das Entidades Locais (ROF).

Para TeGa parécenos unha denegación infundada e estamos a valorar o presentar un recurso contencioso-administrativo polo cauce especial de protección de dereitos fundamentais, concluíu Andrés Eirís.