Un veciño de Carballo faleceu á primeira hora da tarde deste domingo na confluencia da rúa Otero Pedrayo con avenida Ponte da Pedra. O home era veciño do lugar e ao parecer baixaría a comprar o pan, momento no que supostamente se sentiu indisposto e esborrallouse na rúa. De inmediato foron avisados os servizos de emerxencia, ao lugar trasladouse unha ambulancia do 061 e durante varios minutos fóronlle practicadas manobras de reanimación, pero desafortunadamente sen resultado positivo. Ao momento tamén se trasladaron dúas dotacións das forzas de seguridade que acordoaron a zona e mantiveron a rúa cortada ata a chegada da autoridade xudicial que autorizaría o levantamento do cadáver. O home podería haber sufrido un infarto fulminante, pero será a autopsia a que determine a causa exacta da súa morte.
35