Camión motobomba ubicado na estrada principal que une Bértoa con Verdillo.
28
Pasadas as dúas da tarde deste luns produciuse un incendio forestal no límite da parroquia carballesa de Bértoa coa de Verdillo. O 112 pasou a alerta aos servizos de extinción de Medio Rural que enviou á zona dous helicópteros e tres camións motobomba acompañados doutras tantas brigadas que traballaron coordinadas para controlar o lume. Varios veciños, algún co seu tractor a golpe de rozadora, sumáronse ao operativo para tratar de cortar o paso do incendio ás plantacións forestais existentes no lugar. Os traballos prolongáronse durante varias horas para evitar que o lume se reavivase, aínda así se viu afectada máis dunha hectárea de monte.
Nunha pista forestal paralela traballaron dous camións motobomba e dous tractores particulares.