Carballo | Volve a quedar deserto o procedemento de contratación para construir o centro social de Goiáns

0 minutes read

O problema provocado pola suba dos materiais da construción e a escaseza de man de obra pode estar detrás do proceso de contratación das obras de construción do centro social da parroquia de Goiáns, que vén de quedar deserto por segunda vez, tal como se informou este luns na Xunta de Goberno Local. Tras este trámite, o goberno municipal está estudando as posibles vías alternativas que permitan acometer este proxecto tan demandado pola veciñanza, que ten un orzamento de 451.879,40 euros dividido en dúas fases.