Carballo | Xarope Tulú presenta o espectáculo «Estrafalaria»

1 minutes read
  • A cita será este sábado 31 de outubro no auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.
  • Trátase dunha actividade destinada a nenos e nenas de máis de 6 anos.

Sinopse: Alicia collera por costume escorregar por calquera buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Carlota déralle por escoller o seu camiño e embarcarse en aventuras emocionantes que nada tiñan que ver coas dunha princesa. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran raras de todo. Pero eu sempre pensei que iso de ser rara é moi relativo. Apetéceche escoitar as súas rarezas?

Haberá dúas sesións nas que podedes inscribirvos; unha ás 11:00 h e outra ás 12:30 h. Se desexades asistir presencialmente, é preciso inscribirse chamando ao 981758580. Tamén poderedes gozar destas funcións a través do streaming nas páxinas de Facebook e nas canles de YouTube do Concello de Carballo; Cultura Carballo e Bibliotecas de Carballo.