Carlos Sainz, Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2020

1 minutes read

O piloto madrileño Carlos Sainz foi galardoado co Premio Princesa de Asturias dos Deportes “pola súa excepcional traxectoria como piloto”, segundo anunciou a organización reunida de forma virtual pola pandemia do coronavirus. Sainz, tricampión do Rally Dakar en 2010, 2018 e 2020, é todo un referente no mundo do motor xa que tamén gañou o Mundial de Rallys en dúas ocasións (1990 e 1992) e foi elixido como o mellor piloto da historia nesta disciplina. Todos estes méridos foron valorados polo xurado destes premios que destacaron a súa “carreira espléndida, diversa e innovadora de máis de tres décadas na elite”.