38
A senadora do BNG anunciou que deixará a acta como concelleira no Concello de Pontevedra, gobernado polo BNG durante as últimas dúas décadas. Concelleira na oposición e no goberno municipal desde 1995, da Silva decide centrar o seu labor como representante de Galicia nas Cortes Xerais. Impulsora do modelo de cidade de Pontevedra -xunto co resto do equipo do BNG- Carme decide centrar todos os seus esforzos na defensa dos intereses da Galicia nas Cortes Xerais no seu posto como senadora por designación autonómica.