29
A líder socialista fixo estas declaracións durante a presentación dunhas xornadas nas que se analiza a cousificación das mulleres a través da Escola de Igualdade María Vinyals.
Carmela Silva, lamentou que a Xunta decidise pechar bares e restaurantes en gran parte do territorio pola pandemia da covid-19, pero manteña abertos os prostíbulos.
Nunha conferencia de prensa, Silva reiterou que estes establecementos de alterne «hai que pechalos», unha medida que desexa que se produza pronto e «para sempre». «É un escándalo. Indígname. Coma se non fose con eles. Ninguén fala dos prostíbulos abertos», asegurou a presidenta provincial, que censurou o «silencio» sobre estes locais ante as novas restricións.