Carreira internacional por unha vacina contra a Covid-19

1 minutes read

Empezan os ensaios clínicos en humanos dunha vacina contra a Covid-19 en Alemaña e o Reino Unido. A empresa alemá de biotecnoloxía BioNTech será a primeira en Europa en facer ensaios clínicos dunha vacina contra a Covid-19, No Reino Unido tamén se iniciarán probas. A investigación para atopar unha vacina contra o coronavirus levarase a cabo simultaneamente en países de todo o mundo.

Participan moitos dos principais centros de investigación mundiais, entre eles BioNTech de Alemaña, acaba de recibir a aprobación do goberno para acelerar as primeiras probas en humanos. O ministro de saúde alemán é optimista.
Jens Spahn, explicou: «Xa temos en marcha o primeiro estudo clínico en Alemaña para unha vacina desenvolvida polo Instituto Paul- Ehrlich. 200 persoas, de entre 18 e 55 anos recibirán a vacina. Esta é unha boa sinal de que o desenvolvemento dunha vacina en Alemaña progresou tanto que podemos comezar cos primeiros estudos. O estudo segue adiante e levará meses».

O Reino Unido tamén está na mesma carreira, un equipo financiado polo goberno británico empezará os ensaios clínicos en Oxford. Pero mesmo con este ritmo acelerado, os expertos advirten que poderían pasar ata 18 meses antes de que unha vacina estea dispoñible para o seu uso no público en xeral. O director xeral da Organización Mundial da Saúde Tedros Adhanom Ghebreyesus fixou en febreiro un ano e medio de prazo para ter a primeira vacina.