Todo listo para a celebración das festas patronais do Santiago Apóstolo en Vilaño, no concello de A Laracha. Desde o sábado 20 ao venres 27 o deportes e a música levarán a esta parroquia ao seu máximo esplendor, cun cartel ao nivel das grandes cidades galegas. A Asociación Cultural Adro de Vilaño, que vai polo cuarto ano que organiza os festexos, presentou o cartel fai escasos días.
Os festexos comezarán o sábado 20 coa tradicional Carreira Popular do Apóstolo e Andaina Saudable e Solidaria, evento que o ano pasado tivo unha gran acollida neste municipio, con preto de 800 participantes. Despois será o momento das sesións vermut e das verbenas, que arrancan o domingo 21 e rematan o venres 27.
O Trio Musical Aires de Broña actuará o domingo 21 amenizando a festa no honra ao Carme.
As verbenas comezarán na víspera da festividade do Apóstolo, o mércores 24, donde o Combo Dominicano e a Disco móvil CDC animarán a cita como cada ano, no día da xuventude.
A música continuará o día 25, con sesión vermut e verbena a cargo da orquestra Paraiso. Este será tamén o día grande para os máis pequenos no Dia do Neno, que disporán de actividades e atraccións hinchables gratuitas no Adro de Vilaño durante a tarde.
O plato forte será o venres 26, despois da sesión vermut amenizada por unha agrupación sorpresa, será o turno da Orquestra Panorama, que por primeira vez soará en Vilaño, e que fará saltar e bailar a todo o público asistente, nunha noite para o recordo.
Para rematar os festexos o sábado 27, despois da sesión vermut a cargo dunha agrupacion sorpresa, augúrase tamén unha noite especial con unha espectacular orquestra, que nunca pasa de moda, Los Satélites. Unha tirada de fogos de artificio poñerá o fin á programación festiva de Adro de Vilaño.
Tamén, ao igual que o ano pasado, a comisión de festas ofrecerá pinchos de forma gratuita nas sesións vermut. Ademáis habilitaránse dous amplios aparcamentos nas inmediacións.
Seguen abertas as inscripcións para a Carreira Popular e Andaina. As inscripcións, que avanzan a moi bo ritmo, superando xa os 400 inscritos, seguen abertas de forma online na web www.carreirasgalegas.com e de forma presencial tanto no Concello de A Laracha, Piscina Municipal e en Cultiagro.