Unha enquisa revela que o 93,4% dos concellos galegos contan con sede electrónica. Este dato supón un crecemento superior ao 23% respecto a a edición anterior desta enquisa. Así se desprende dos resultados do informe bianual “A Administración electrónica nos concellos galegos”, que publica o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( Amtega) e que recolle datos de 2019. Este informe está incluído no Plan Galego de Estatística 2017-2021 e avalía, cada dous anos, a situación das infraestruturas, equipamento e o nivel de desenvolvemento da sede electrónica nos concellos, e a interoperabilidade entre administracións, entre outros indicadores.
32