19
- Poderá visitarse ata o 25 de agosto de luns a sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Desde este xoves 22, a biblioteca do Centro Cultural de Ponteceso acolle a exposición Castelao Grafista, unha mostra formada por 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA. Tamén hai material procedente doutras institucións, galerías e particulares.
As persoas que se acheguen ata o centro poderán ver retratos fotográficos, caricaturas, portadas de revistas ou das primeiras edicións dos seus seus, ademais o texto orixinal do álbum Nós.
A exposición estará aberta ao público ata o 25 de agosto, podendo visitarse de luns a sábado de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.