‘Casualidade ou Desigualdade?’ | Campaña para avanzar cara a equidade salarial e a mellora da conciliación

1 minutes read

Trátase dunha campaña autonómica para promover entre o tecido empresarial galego os valores e principios da igualdade laboral. Baixo este lema, a Consellería de Emprego e Igualdade pretende concienciar sobre a importancia de fomentar unha redistribución de roles, avanzar na equidade salarial e mellorar a conciliación para corrixir as discriminacións por razón de xénero que seguen a existir no mundo laboral.

Deste xeito, a campaña céntrase en tres aspectos fundamentais: na importancia da conciliación da vida familiar e laboral e da redistribución de roles, xa que no 83% dos casos é a muller a que utiliza excedencias para o coidado dos fillos; no fomento da equidade salarial, xa que as mulleres perciben un 19,55% menos que os homes polas mesmas responsabilidades; e na promoción dos postos de responsabilidade entre as mulleres, xa que o 53,79% das persoas graduadas son mulleres, pero tan só ocupan o 31% dos postos directivos nas empresas do IBEX.

A campaña quere incidir na importancia de loitar contra o teito de cristal e evitar que as mulleres teñan que traballar máis para gañar o mesmo que os seus compañeiros homes.