36
- No coche viaxaban seis persoas: cinco mozos e unha moza, aínda que o vehículo só tiña cinco prazas
O condutor, que está ferido grave, perdeu o control do vehículo, saiu da vía polo lado contrario ao da condución e deu varios bandazos.
Algúns dos pasaxeiros que viaxaban na parte de atrás saiu despedido, outros tiveron que ser liberados. Dous deles morreron no lugar, unha rapaza de 17 anos faleceu durante o traslado ao hospital e a cuarta vítima morreu este domingo pola tarde. O condutor, de 29 anos, será investigado por catro delitos de homicidio imprudente e outro de lesións imprudentes. Os corpos dos falecidos foron trasladados ao Instituto Anatómico Forense para que se lles practique a autopsia.