Catro persoas foron evacuadas logo de saírse da vía un coche en Carnota

1 minutes read

Ocorreu arredor das 4:30 horas desta madrugada. O 112 Galicia tivo constancia do accidente a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que indicou que un turismo se saíra da vía e envorcara no quilómetro 27 da AC-550 (parroquia de Lira) e, aínda que os ocupantes estaban fóra, precisaban asistencia sanitaria.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración da Garda Civil de Tráfico e do GES de Muros. Tamén se informou aos voluntarios de Protección Civil e aos servizos de mantemento da estrada.

Desde o lugar, os efectivos do GES apuntaron que catro persoas foron finalmente trasladadas polos servizos sanitarios ao Hospital de Cee.