A Casa da Cultura da Laracha acollerá este sábado unha xornada de debate sobre o biogás

1 minutes read

A cita será a partir das 10:00 horas baixo o lema «O BIOGÁS NA GALIZA: UN DEBATE NECESARIO«, e está organizada polo BNG.

A apertura do evento correrá a cargo de Lucía López, responsábel de Organización do BNG, e Carolina Castiñeiras, portavoz municipal do BNG da Laracha. 

Haberá dúas mesas de diálogo e debate. A primeira versará sobre «A defensa do territorio – Activismo social fronte a proxectos de biogás», na que participarán representantes de «Stop Biogás A Laracha», «Lugo non quere cheiros», «Stop Biogás Agolada» e Adega. 

E a segunda tratará de «Modelos de desenvolvemento do biogás», coa intervención de Xurxo López González, de Enova Enerxía; Montse Valcárcel, catedrática de Hidroloxía e deputada do BNG no Parlamento galego; Manuel Soto, de Adega; e Manuel Casal, da Federación Rural de Galiza (FRUGA).

O público asistente terá oportunidade de despexar dúbidas nunha quenda de preguntas logo da celebración de cada mesa de debate, e a clausura do acto a realizará Carolina Castiñeiras e Xosé Manuel Golpe, deputado responsábel de Enerxía do BNG no Parlamento galego.