CCA Carballo | Tras o éxito da primeira xornada, este venres chega a segunda cita de ‘A voltas co cole’

2 minutes read

Tras o éxito acadado o pasado 5 de setembro, o Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo celebra este venres 19 de setembro a segunda entrega de A voltas co cole, un xogo familiar que combina diversión, participación cidadá e apoio ao comercio local.

Promo do evento.

A actividade desenvolverase na Praza do Concello, en horario de 17.00 a 20.00 horas, e en caso de choiva a actividade adiarase (pendente confirmar nova data). A mecánica do xogo é sinxela e accesible para todos os públicos: por cada compra realizada nos establecementos participantes ata o 19 de setembro, os consumidores recibirán un vale de participación que lles dá dereito a cinco intentos para descubrir as fichas ocultas nun gran panel de coordenadas. Dependendo do número de acertos, os xogadores poden obter premios de consolación, agasallos directos/experiencias e mesmo cheques de 50 € para gastar no comercio local, ademais de participar no sorteo de cinco tabletas de 10 pulgadas.

Na primeira xornada, celebrada o día 5, entregáronse numerosos premios e foron moitas as familias que conseguiron facer pleno, levando así cheques de compra por valor de 50 € e garantindo ademais o seu acceso ao sorteo final das cinco tabletas de 10’’ (4 GB RAM, 128 GB ROM), que terá lugar o vindeiro venres 26,  ás 21.00 horas, e poderá seguirse en directo a través do Instagram do CCA.

Con esta iniciativa, o CCA de Carballo busca premiar a fidelidade da clientela e dinamizar as compras de volta ao cole, ao tempo que se crea un espazo de lecer compartido no corazón da vila.

En total, vinteseis comercios adheridos ao CCA Carballo participan nesta campaña: Atmósfera Sport, Avanty Publicidad, Benetton, Calzados Susa, Clarión Libraría, Clínica dental Pico Blanco, Dequip Carballo, donClip.es, Federópticos Nicolás, La casita de Lu, Lencería Mª José, Maluca Lobe, Merliño xoguetería, Mmmm!Xeados, Necos, O barco dos soños, Opticalia Enríquez, Pombo fotógrafo, Refugallo Zero, Retoños, Sweet Spirit, Teirón, Todo Lar, Upa!Espazo barefoot, Zapatillería Isabel e Zocas.

Desde o CCA animamos a toda a veciñanza e visitantes a achegarse mañá pola tarde á Praza do Concello para gozar dunha nova tarde de retos, premios e diversión en familia.