Cee | Cruz Vermella busca voluntarios para clases de apoio escolar

0 minutes read

A asociación da Cruz Vermella de Cee busca voluntarios para impartir clases de apoio escolar a nenos os mércores e xoves de 17:30 a 19:00 horas.

Trátase dunha iniciativa para a promoción do éxito escolar. Máis información chamando ao 981 217 021.