Cee | Conferencia Manuel Gago – XII Edición Programa O Mes da Fundación

2 minutes read

Conferencia de Manuel Gago «A Revolta dos Irmandiños entre o pasado e o presente».

Sábado 11 de outubro. 20:30 horas. Casa da Cultura de Cee. Entrada libre.

Manuel Gago Mariño (Palmeira, Ribeira, 1976) é doutor en CC. da Información pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, é director de culturagalega.gal, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. É editor de Capítulo Cero (www.manuelgago.org/blog), un dos blogs referentes da rede galega, no ámbito da divulgación histórica, científica, en estilos de vida, gastronomía e cultural. Colaborador regular dos medios de comunicación, mantén columnas en La Voz de Galicia, El Progreso e Diario de Pontevedra así como en Nós Diario. Como escritor de ficción, é autor de libros como Vento e Chuvia. Mitoloxía da antiga Gallaecia, e as novelas O anxo negro e O exército de fume, todos en Xerais.

Nos últimos, ten comisariado exposicións sobre a historia e a cultura galegas, como Ao pé do lar. Memorias de cociña no Museo do Pobo Galego, Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, Alba de Gloria de Castelao: unha experiencia para o Consello da Cultura Galega ou a máis recente: Galicia, un relato no mundo, a primeira das exposicións do Xacobeo 2021.

A revolta dos Irmandiños entre o pasado e o presente

A Revolta das Irmandades foi un dos acontecementos máis relevantes da Galicia baixomedieval, cun impacto directo sobre a paisaxe e a vida das persoas que chega ata hoxe en día. Nesta conferencia abordamos como os acontecementos sociais e políticos do século XV desembocaron nunha rebelión dunha escala insospeitada ata o momento, as súas principais e acontecementos, e revisaremos a ollada que desde o século XIX e sobre todo no século XX se foi construíndo ao redor dos chamados irmandiños e os tópicos cos que proxectamos o presente neste importante episodio da Historia de Galicia.