Camilo Soto, tiña 93 anos, faleceu este xoves no hospital Virxe da Xunqueira de Cee, onde estaba ingresado desde fai uns días, tras haber dado positivo en coronavirus. A súa familia emitiu un emotivo comunicado nas redes sociais, onde lle mostrou o seu agradecemento e tamén o seu pesar ante tan terrible pérdida.
«Fai 51 anos empezaches un proxecto despois de anos de traballo e ilusión. Fuches unha persoa decidida e forte e así soubeches transmitírnolo tanto aos teus fillos coma aos teus netos. Non o merecías. Os teus últimos días deberían ser rodeados da túa familia. Hoxe déixasnos, pero quedará sempre parte de ti connosco, que de seguro nos dará toda esa forza que sempre nos quixeches transmitir para seguir co que ti empezaches«.