Cee, Ponteceso e Vimianzo recibirán axudas para financiar programas de envellecemento activo

As axudas corresponden á convocatoria FOEAC-2/2025 que otorga a Deputación da Coruña, que vén de publicarse no BOP do 14 de agosto e cuxo obxectivo é impulsar actividades que melloren a calidade de vida das persoas maiores, fomenten a súa participación social e combatan o illamento. Entre os proxectos subvencionados figuran programas de exercicio físico adaptado, obradoiros de memoria, actividades interxeracionais, roteiros, cursos de novas tecnoloxías e encontros culturais, que recibirá a subvención de maneira condicionada á presentación dun proxecto técnico. Con este programa de envellecemento activo e loita contra a soidade non desexada no rural, a Deputación da Coruña segue apostando polo benestar das persoas maiores, entendendo que a mellor política social é aquela que promove a participación, a autonomía e a compañía, evitando que a idade ou o lugar de residencia se convertan nunha barreira para levar unha vida plena.

Related posts

Cee | XIIª Edición do Programa Educativo Cultural ‘O Mes da Fundación’

Vimianzo acollerá o sábado 3 de outubro unha campaña de limpeza do Río Grande

O luns 15 comeza o período voluntario de pago anual dos impostos en Carballo