36
Cinema e Música é un proxecto de Olga Brañas, ao que se uniu a fantástica violoncellista Susanna Blanco, nado a raíz dos encargos da Asociación Cultural A Bela Auria. No espectáculo proxéctase unha película clásica de cinema mudo e musicalízase en directo. Ás veces fanse efectos como explotar globos, tocar unha harmónica, axitar cascabeis, dar golpes, tocar o bodhram, etc. É un espectáculo que gusta a toda a familia!. A cita será este xoves 27 de agosto ás 21:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Cee, dentro da programación “agosto Cultural 2020”.