Celebrada a III Xuntanza de Maiores organizada polo Concello de Malpica

0 minutes read

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, asistiu este sábado á III Xuntanza de Maiores organizada polo Concello de Malpica. O director xeral aproveitou esta cita, celebrada no campo da festa de Seaia e que contou con animación musical, para coñecer de primeira man as inquietudes dos maiores deste concello. No multitudinario acto estiveron presentes tamén o alcalde, Eduardo Parga, e os concelleiros Miguel Fernández e Rodrigo Mato, entre outros.