Celebrada a primeira reunión do comité científico asesor en materia de plásticos

1 minutes read

O comité científico que asesorará á Xunta para avaliar o impacto da chegada de pellets á costa galega e a situación dos plásticos mariños en xeral celebrou a súa primeira reunión de traballo co obxectivo de unir esforzos desde distintos eidos e crear sinerxías que sitúen a Galicia como un referente na loita contra este tipo de contaminación.

Así o salientou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen compareceu ante os medios acompañada pola directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, e a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, antes de saudar aos membros do comité, reunidos na sede do Intecmar, en Vilagarcía de Arousa.

A misión deste comité científico de expertos —que dependerá do Intecmar— será avaliar as actuacións necesarias, a medio e longo prazo, derivadas dos impactos dos plásticos no mar e nas costas de Galicia. Concretamente e entre outras cuestións, encargarase de elaborar un programa a curto, medio e longo prazo dos efectos dos plásticos; analizar a toxicidade deste material nos ecosistemas mariños, con especial atención á fauna mariña e á avifauna costeira; e valorar as boas prácticas e as regulamentacións necesarias para prever posibles verteduras plásticas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?