Celebrado en Carballo o pleno pendente de agosto

1 minutes read
  • Entre os puntos aprobados figuran os festivos locais para o ano 2020: serán o 25 de febreiro, Martes de Entroido, e o 25 de xuño, festa do Santísimo Sacramento e un dos días grandes do San Xoán.

Todos os asuntos que integraban a orde do día do pleno celebrado este luns foron aprobados por unanimidade agás a moción presentada polo PSOE para apoiar e fomentar a participación da mocidade a través da creación dun consello sectorial. Nesta proposta, que obtivo o respaldo do goberno municipal do BNG e que, polo tanto, tamén saíu adiante, tanto o PP coma TeGa abstivéronse.

A ausencia do concelleiro socialista Valentín Costa e a entrega a cada membro da corporación dun exemplar de “O Rexionalismo”, a obra de Alfredo Brañas traducida ao galego e editada pola Deputación Provincial da Coruña, foron outros dous aspectos distintivos da sesión, que, aínda que se celebrou iniciado xa o mes de setembro, correspóndese coa ordinaria de agosto.