Celebrado o sorteo Copa Galicia Senior Masculino de BM

2 minutes read

Este martes tivo lugar o sorteo da Copa Galicia masculina, que se celebrará ao longo do mes de agosto coa participación dos equipos de ASOBAL, Prata e Primeira Nacional. Os oitavos de final celebraranse do 12 ao 16 de agosto, mentres que os cuartos terán lugar do 19 ao 23. A fase final (semifinais e final) aínda non ten sede, pero está prevista para o 31 de agosto e 1 de setembro.

Os cruces de oitavos, que se disputarán na casa do equipo de menor categoría, son os seguintes:

AD Carballal – BM Cangas

Luceros – Calvo Xiria

BM Chapela – Lavadores

Seis do Nadal – Atlético Novás

SD Teucro B – Cisne

Bueu Atlético – Ribeiro

OAR – Balonmán Lalín

BM Cañiza – SD Teucro

Sorteo das eliminatorias de ascenso/permanencia á división de honra galega:

Este martes celebráronse tamén na sede da Federación Galega de Balonmán os sorteos das eliminatorias de ascenso/permanencia á División de Honra Galega das categorías xuvenil masculina, cadete masculina e feminina e infantil masculina e feminina. Ao sorteo acudiu unha importante representación dos clubs participantes nos play-off, que se celebrarán a comezos do mes de setembro.

Escolas Balonmán Xiria loitará pola permanencia na División de Honra, no caso do equipo infantil feminino, e polo ascenso á División de Honra na categoría cadete feminina.

No resto de categorías de base, agás na xuvenil feminina na que non hai equipo, os equipos das Escolas Balonmán Xiria xa teñen garantida a súa presenza na máxima competición debido ás clasificacións finais da pasada campaña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?