30
O incremento rápido na chegada de migrantes na súa maioría haitianos rompeu todos os esquemas. Só na localidade de Mexicali tiveron que abrir outros dous albergues a última semana de decembro. As autoridades municipais xa atenden a máis de 1300 haitianos e sinalan que aínda hai varios miles que actualmente se atopan na fronteira. Piden axuda aos veciños para tratar de atender a todos. Moitos xa lles ofreceron alimentos, roupa e medicamentos. Nos últimos días, a cidade ofreceu 700 postos de traballo para os migrantes que regularizaron a súa situación migratoria. Ata o pasado 1 de decembro máis de 47.000 haitianos solicitaron asilo en México.