56
Logo de meses de ensaios e de aprendizaxe de novas pezas, o alumnado da Escola de Música e Baile Tradicional da Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo celebrou o seu Fin de Curso, unha cita na que puideron amosar a evolución acadada polos diferentes grupos de gaita, percusión, baile e pandeireta e canto tradicional. Centos de persoas acudiron seguindo en vivo esta cita co folclore que tivo lugar no anfiteatro do paseo fluvial de Arteixo, onde actuaron 24 grupos nese espazo ao aire libre. As actividades de danza oriental e baile moderno terán a súa actuación de fin de curso o vindeiro venres 30 de xuño desde as 18:00 horas no Centro Cívico da citada localidade coruñesa.