Cerceda | A pista de Rodís acolle unha exhibición de aeromodelismo

0 minutes read

O venres 11 de agosto comezou a exhibición de aeromodelismo que ten lugar na Pista de Rodís, a carón da AC-400, quilómetro 25, durante os días 11, 12 e 13 de agosto, e baixo o título de «Centollo meeting 2023», ten lugar este evento que organiza o club de aeromodelismo «As Gaivotas». Visitaron o lugar e departiron cos alí presentes o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, acompañado por varios concelleiros do grupo de goberno.