Cerceda acolleu este domingo unha das etapas da Touring Xacobeo & Volta Motociclista a Galicia 2022, que este ano cumple 40 edicións e se reafirma como a proba decana do mototurismo a nivel nacional.
O parque pechado do Campo da Feira foi escenario da entrega de trofeos da primeira etapa, para posteriormente percorrer os lugares máis senlleiros do municipio. Pasaron polo Aquapark, Meirama ou a totalidade do perímetro do lago das Encrobas, para posteriormente poñer rumbo aos faros do norte de Galicia.
A proba, que forma parte do circuito puntuable da copa de España, este ano abriu as inscricións a participantes de todos os niveis, cun formato moi dinámico, entretido e divertido, onde se mesturan dúas grandes paixóns, como a aventura de montar en moto e o turismo.