Cesan os responsables de Turgalicia, Igualdade e Discapacidade da Xunta

0 minutes read

A Xunta de Galicia cesou á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que todos estes cesamentos son a petición propia. Tanto López Abella como González Abeijón pasarán a ser deputados no Parlamento galego, tras a marcha de catro parlamentarios do PPdeG para asumir os seus cargos como alcaldes, mentres que no caso de Nava Castro, está pendente ela mesma de alcanzar a Alcaldía de Ponteareas.