A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeneralizado á participación de toda a cidadanía na doazón de sangue e, de forma especial, aos doantes do grupo Cero Negativo.
A demanda de compoñentes sanguíneos, por causa do incremento da actividade asistencial dos centros hospitalarios, e a coincidencia coas vacacións de Nadal, provocaron unha diminución nas reservas de sangue. Neste sentido, a Axencia fai un chamamento á doazón de todos os grupos sanguíneos, e á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS, xa que os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.
Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que aseguren o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS agarda contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas seguintes visitas:
DATA | CONCELLOS |
Martes 26de decembro | Praza de España (Ferrol), Los Rosales (A Coruña), Coristanco, Negreira, Cabo de Cruz (Boiro), Catoira, O Calvario (Vigo), Ponteareas, Mondoñedo, Leiro, Beade, Pobra de Trives. |
Mércores 27de decembro | Ares, Os Mallos (A Coruña), Pastoriza (Arteixo), Melide, Praza Roxa (Santiago), Moraña, As Travesas (Vigo), Ponteareas, Praza Maior (Lugo) Trasmiras, Cualedro. |
Xoves 28de decembro | Ortigueira, Monte Alto (A Coruña), Buño (Malpica), Malpica, Bertamiráns (Ames), A Picota (Mazaricos), Cuntis, Teis (Vigo), Gondomar, Sarria, O Barco de Valdeorras. |
Venres 29de decembro | Fene, Cee, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, Trazo, A Estrada, Tui, Cabral (Vigo), Vilalba, Allariz. |
Sábado 30dedecembro | Fene, Cantón -Obelisco (A Coruña), Padrón, A Estrada, Tui, Vilalba. |