Charla-Taller de balonmán no CEIP Barrié de la Maza a cargo do Club Xallas de Santa Comba

Cedida.

Coa colaboración del El Juguetón de Alberto Romar e o CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba, o Balonmán Xallas deselvolveu unha charla-taller para os rapaces e rapazas máis novos/as do CEIP de Santa Comba. A idea dentro da filosofía do club é fomentar o balonmán e os valores do deporte para os nenos e nenas pequenos: compañerismo, diversión e aprendizaxe.

No club non buscan resultados deportivos, que sempre serán benvidos, senón que os rapaces se sintan contentos co deporte que practican e aprendan valores. “O que temos claro é que todos os nosos rapaces e rapazas van xogar todos os partidos, pois así faremos una convivencia positiva dentro dos equipos. Isto non se pode desenvolver en tódolos deportes”, afirman dende a entidade xalleira.

O traballo de captación de mozos e mozas para aumentar os integrantes da Escola de Balonmán, se fixo gracias o Plan Concilia 2022/23. Foi unha xornada de diversión, xogo e aprendizaxe dun deporte e un club que buscan que os xogadores que integren a esta familia pasen un bo rato. Óscar Aldao como director técnico da Escola de Balonmán, foi o encargado de levar esta actividade o CEIP Barrié de la Maza.