Chega o Fisterra Blues Experience 2022, esta fin de semana da man do Xacobeo

1 minutes read

A directora de Turismo, Nava Castro, participou na rolda de presentación do festival de música “Fisterra Blues Experience 2022”, onde destacou a importancia da sinerxía entre administracións na celebración deste Xacobeo.

Nava Castro indicou que  “esperamos que este Ano Santo e todas as celebracións ao seu arredor  acaden gran éxito internacional e sexan un elemento tractor e dinamizador do sector cultural e turístico, elevando a Galicia como un dos destinos máis relevantes no eido cultural”.

Neste senso, destacou a función do Xacobeo como oportunidade para trasladar aos turistas e peregrinos que Galicia é unha comunidade cunha oferta turística sen precedentes, “ coa excelencia e a calidade como bandeira duns recursos e medios sen parangón”, indicou.

Mediante o apoio da Xunta a este tipo de iniciativas, dende o goberno da comunidade apóstase pola diversificación e desestacionalización da celebración do Xacobeo 21-22, cunha oferta cultural con máis de 300 artistas repartidos en máis de 70 concertos e festivais por todo o noso territorio.

Os interesados poderán consultar a programación e os artistas a través da páxina web do festival fisterrablues.gal