43
O buque mercante Albiz xa está no porto de Ribadeo tras ser remolcado definitivamente á primeira hora deste sábado, segundo confirmaron fontes da Consellería do Mar.
O mercante, que porta troncos de eucalipto, puido ser amarrado a porto sobre as oito da mañá deste sábado. Este venres as manobras para tentar desencallar o buque, varado en augas portuarias de Ribadeo desde o xoves, non deron os seus froitos.
En calquera caso, tal e como informa a Xunta, o porto de Ribadeo mantivo a súa operatividade «en condicións de normalidade», é dicir, con luz diúrna e sen vento.