‘Chimpo’ continúa apostando polo proxecto do Calvo Xiria

0 minutes read

Será a súa 12ª campaña como verdinegro, non consecutivas xa que durante 3 tempadas militou nas filas do OAR Coruña. Hugo Rodríguez ‘Chimpo’ (Carballo, 1987), lateral esquerdo, destacado na parcela anotadora, seguirá levando gran parte do peso ofensivo do equipo.

Chimpo compatibiliza o seu traballo na fábrica da multinacional Aluman co seu compromiso co balonmán. O seu carácter, veteranía e calidade de seguro lle servirán para manter o bo nivel amosado nas últimas campañas.