Ciberataque masivo contra webs do Goberno de Ucraína

1 minutes read

Ucraína apunta a Moscova como responsable dun ciberataque masivo contra sitios web do Goberno, incluídos o Gabinete de Ministros e o Ministerio Exteriores. Aínda que di carecer de probas, de momento, o centro de seguridade informática denuncia a «pegada rusa». Case setenta sitios web foron branco do ataque.

A Unión Europea (UE) ofreceu asistencia de emerxencia a Ucraína tras o ciberataque, que, segundo o xefe da diplomacia europea, agrava unha crise moi seria. «Estas accións teñen o obxectivo de desestabilizar a Ucraína e contribúen a unha maior escalada dunha situación que xa é tensa», dixo Josep Borrell, asegurando que Bruxelas mobilizará «todos os seus recursos» para axudar a Kiev.

Estados Unidos, pola súa banda, advertiu a Moscova de que _»haberá un custo»_ se se confirma que está detrás do ciberataque. Funcionarios da OTAN e Rusia non lograron poñerse de acordo sobre solucións diplomáticas, para a situación na fronteira, nas conversacións da semana pasada. A intelixencia estadounidense cre que é probable que Rusia cre un pretexto para invadir Ucraína.