Ciclistas de todas as idades participaron na ruta solidaria Carballo-Razo

Cedida.

A ruta en bici da Semana da Mobilidade reuniu en Carballo todos os ingredientes necesarios para que gozar dunha xornada redonda: un cento de participantes de todas as idades, un tempo extraordinario, un almorzo exquisito e unha ruta espectacular, das que crean afección. E ademais, con moitísima implicación dos clubs ciclistas locais, a Policía Local, Proteccion Civil Carballo e a empresa Vázquez y Reino. O evento tamén tivo unha finalidade solidaria, xa que os participantes puideron contribuír ao desenvolvemento do proxecto “Adianthe”, que está a levar a cabo o Grupo de Investigación en Oncohematoloxía do Servizo de Hematoloxía do CHUS en colaboración coa Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea, e que ten como finalidade o desenvolvemento da intelixencia artificial para o tratamento personalizado do cancro hematolóxico. Con esa finalidade, Asotrame distribuíu material informativo no punto de saída e abriu unha fila 0 para as persoas que quixeron colaborar.