Cifra récord na produción de vehículos en PSA Vigo


PSA Vigo volve bater marcas. A factoría viguesa rexistrou a maior produción de vehículos da súa historia. No mes de setembro fabricaron 59.900 coches e furgonetas, 5.600 máis que o seu teito de produción, que tiña lugar en 2007. A dirección da planta cre que estes datos se deben ao esforzo de traballadores e provedores. O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde​, destacou a capacidade de resposta da empresa ante a situación derivada da Covid-19.